Crime en compostela

Crime en compostela.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Genero policiaco y de misterio
ISBN:
978-84-9782-229-9
Páginas:
248
Colección:
EDICION LITERARIA - NARRATIVA
-5%
17,30 €
16,44 €
IVA incluido
Sin existencias

Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir.
Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría -nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico- (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.

Otros libros del autor